Mudanza á vista? Axudámoste!
En Mudanzas Alfonso López levamos desde o ano 1990 traballando en procesos de traslado e transporte de mobiliario para todo tipo de clientes en Santiago de Compostela e a súa comarca. Desde a nosa sede no Polígono Novo Milladoiro, levamos a cabo todo o necesario para a túa mudanza en Santiago, pero tamén en diferentes puntos do territorio nacional.
A nosa empresa de mudanzas en Santiago de Compostela quere ofrecer os seus servizos con total garantía e seguridade, procurando que todas as túas posesións e obxectos cheguen nas mellores condicións. Grazas á nosa frota propia de vehículos de transporte, podemos facer o traslado de todo tipo de mobiliario de diferentes tamaños.
Queres máis información sobre o noso servizo de mudanzas? Precisas saber cánto custa unha mudanza en Santiago? Ponte en contacto co noso equipo de mudanzas e ofrecerémosche un asesoramento personalizado: indicámosche cál é o prezo da túa mudanza en Santiago ofrecéndoche un presuposto sen compromiso.